Taboada Mella, María Salomé2024-05-312024-05-312013978-84-9887-970-4http://hdl.handle.net/10347/34012Esta UD forma parte do contido do programa da materia “Contabilidade Xeral I” impartido no primeiro curso do Grado de Economía. A Contabilidade Xeral é unha ferramenta informativa obrigatoria sobre a empresa, que se ocupa de analizar, valorar, e rexistrar as operacións que esta realiza co exterior (compras, vendas, cobros, pagos, investimentos, etc.) ó longo do exercicio. A análise consiste en determinar se as operacións en cuestión afectan, ou poden afectar, ó patrimonio da empresa dun feito directo e concreto (feitos contables); a valoración supón aplicar os principios contables xeralmente aceptados e as normas de valoración obrigatorias, contidos no Plan Xeral de Contabilidade (2007); o rexistro consiste en anotar de forma cronolóxica, nos libros de contabilidade -obrigatorios e non obrigatorios- cada un de eses feitos contables, para, periodicamente, resumir esa información contable polo medio de inventarios, Balances de Comprobación, e Contas Anuais (Balance de Situación, Conta de Perdas e Ganancias, Estado de Fluxos de Efectivo, Estado de Cambios no Patrimonio Neto, e a Memoria). En primeiro lugar (UD 1) coñecemos o que é a Contabilidade, as súas tipoloxías (contabilidade interna, e contabilidade externa), que información ofrece (de costos, financeira, directiva), cales son os usuarios da mesma (internos e externos); en base as anteriores informacións, localizamos á Contabilidade Xeral, identificamos os requisitos que debe reunir a información que ofrece para que sexa útil para a toma de decisións, e enumeramos e definimos brevemente ós instrumentos por medio dos cales se materializa: inventarios, Balances de Comprobación, e contas anuais.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/O patrimonio empresarial e a súa representación contable no inventario e no balance de situaciónbookopen access