Sambade Vázquez, Rosalía2023-03-072023-03-072022http://hdl.handle.net/10347/30275Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2021-2022En primeiro lugar, introducirase o concepto de lingua e a problemática que se produce arredor da súa delimitación. Desta maneira, presentarase o contexto de diversidade lingüística como un continuum en que os factores que permiten o seu acoutamento son maioritariamente extralingüísticos. Polo tanto, empregarase como criterio principal de diferenciación a conciencia metalingüística.A continuación, realizarase unha pequena descrición do proceso de latinización de Gallaecia e unha presentación da evolución da situación sociolingüística, que pasa dun contexto de endodiglosia funcional (latín vulgar fronte a latín culto) a un contexto de exodiglosia funcional (romance galego fronte a latín culto). A conciencia sobre esta situación acentúase grazas ao proceso de descentralización do latín culto literario que permite o Concilio de Tours e o Concilio de Burgos. Posteriormente, presentaranse grosso modo os trazos definitorios do romance galego fronte a outras variedades ou romances derivados do latín e o seu proceso de diferenciación con respecto a elas. Esta separación, ademais de pola diferenza dos trazos lingüísticos, prodúcese sobre todo grazas á consciencia metalingüística, que se analizará por medio dunha serie de textos.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Continuum lingüísticoLatín vulgar galaicoRomance galegoConciencia lingüísticaO proceso de individualización do romance galego fronte ao latín vulgar galaico e aos romances veciñosEl proceso de individualización del romance gallego frente al latín vulgar galaico y a los romances vecinosThe process of individualization of Galician romance versus Galician vulgar latin and neighboring romancesbachelor thesisopen access