Cabo Villaverde, MiguelMíguez Macho, Antonio2015-10-262015-10-262008CABO VILLAVERDE, Miguel; MÍGUEZ MACHO, Antonio: « O adolescente viril: o maurismo en Galicia, 1914-1923». A patria enteira.Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Edición a cargo de X.L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2008. ISBN 978-84-9887-000-8. DL C 1089-2008. Páxs. 83-104.978-84-9887-000-8http://hdl.handle.net/10347/13652A figura de Antonio Maura e o heteroxéneo movemento que invocou a súa figura foron obxecto nos últimos anos dunha atención considerable, na procura de comprender mellor as vías de evolución do sistema restauracionista, as orixes da dereita autoritaria (e non) e a crise última que leva á Ditadura de Primo. Para Galicia o descoñecemento é absoluto, baleiro que nos propoñemos paliar con esta achega e que se produce malia contar con factores específicos que incrementan o interese do seu estudo e permiten participar dos debates ó respecto no seo da historiografía española: a) A condición de galegos ou ben os vencellos intensos con Galicia de varios dos principais protagonistas do movemento (Calvo Sotelo, Goicoechea, Prudencio Rovira, marqués de Figueroa) b) A nada desprezable contribución das provincias galegas en termos de escanos. c) A intervención dos mauristas en polémicas como a do rexionalismo ou a cuestión foral. d) Dado que Galicia constitúe na historiografía española un dos paradigmas de clientelismo e desmobilización, representa un inmellorable campo de probas para calibrar ata que punto o maurismo quixo e puido rachar coas eivas da cultura política restauracionista.glgAntonio MauraGaliciaSociedade rural galega no franquismoO adolescente viril: o maurismo en Galicia, 1914-1923journal articleopen access