Boullón Agrelo, Ana Isabel2012-09-252012-09-252012BOULLÓN AGRELO, Ana Isabel: «A gheada na onomástica (achegas á estandarización)», Estudos de Lingüística Galega, vol. 4 (2012). ISSN 1889-2566, pp. 151-1681889-2566http://hdl.handle.net/10347/6137A estandarización da onomástica ten características específicas con respecto ó léxico común. Unha das dificultades vén derivada das formas opacas cando existen dúas pronuncias distintas. Isto é o que ocorre con algúns topónimos e apelidos grafados con <j> ou <g> + e, i nos antigos nomenclátores ou nos rexistros: poden interpretarse como formas pronunciadas con gheada, ou ben como castelanizacións doutras que tiñan orixinariamente /∫/. O caso de Reguengo é exemplificador: aparecía nos nomenclátores como *Regenjo e así (e con máis variantes gráficas) pasou ó corpus dos apelidos; houbo unha proposta de estandarización como *Rexenxo, ata que se ditaminou a forma oficial actual. Para poder dilucidar cal é a variante adecuada, cómpre unha indagación específica para cada caso. En ocasións cumprirá unha pescuda etimolóxica que inclúa a historia da palabra e as grafías existentes na Idade Media, e noutros será decisiva a información ofrecida pola actual extensión xeográfica das formas. Neste traballo analízanse algunhas destas formas problemáticas e faranse as propostas respectivas para o estándar.glgEstandarizaciónToponimiaAntroponimiaEtimoloxíaA gheada na onomástica (achegas á estandarización)journal articleopen access