Jiménez Aleixandre, María PilarLópez Facal, Ramón2018-07-162018-07-162018Jiménez-Aleixandre, M.P. & López-Facal, M. (2018). A construción da identidade galega e das súas representacións sociais: o cultural e o natural. eHumanista IVITRA, v. 13, p. 128-139http://hdl.handle.net/10347/17042Este artigo discute algúns aspectos da construción da identidade galega, ou noutras palabras do proceso de identificación con Galicia, e como esta identidade é representada socialmente. Examínase en primeiro lugar o enfoque teórico de partida, que entende as identidades como construcións dinámicas, e en segundo a evolución histórica das súas representacións, en moitos casos de carácter esencialista. En terceiro lugar compárase a dimensión cultural na representación social hexemónica da identidade galega con outras, en particular a política e as relacionadas co patrimonio natural que, segundo argumenta- mos, son máis febles nesta representación, e en cuarto abórdase a forma en que a repre- sentación social de Galicia asigna un lugar preeminente ás paisaxes e aos espazos rurais idealizados e intemporais, ignorando en grande medida as paisaxes e os espazos urbanos nos que viven a meirande parte dos galegos e galegas. Para finalizar sublíñanse propostas de representacións positivas, proxectadas cara ao futuroglgThis work is licensed under the Creative Commons BYhttps://creativecommons.org/licenses/by/4.0/A construción da identidade galega e das súas representacións sociais: o cultural e o naturaljournal article1540-5877open access