Verdugo Mates, Rosa MaríaMurias Fernández, María Pilar2024-05-312024-05-312013978-84-9887-956-8http://hdl.handle.net/10347/34018España e de Galiza ten carácter obrigatorio. Esta materia encádrase dentro da formación da área de Estrutura Económica no Grao en Administración e Dirección de Empresas. Temporalmente, os seus contidos desenvólvense ao longo do primeiro semestre do 2º curso de Grao en Administración e Dirección de Empresas, sendo a súa carga lectiva de 6 ECTS, impartíndose cada semana 2 horas de clase expositiva e 1,5 horas de clase interactiva. A programación docente desta materia está formada por cinco unidades didácticas nas que se desenvolven os principais aspectos da evolución e situación actual da economía española e galega. Na primeira parte, explícase a evolución da economía española desde a década de 1960 até a actualidade, diferenciando entre os períodos de crecemento e de recesión, ao tempo que se contextualiza dita evolución coa seguida polos países do noso contorno comunitario europeo. Unha vez impartidos eses contidos, nesta unidade didáctica analízanse os principais factores que inflúen no crecemento económico en xeral e no español en particular. Nas unidades didácticas tres, catro e cinco, analízanse os elementos estruturais básicos da economía española -mercado de traballo, sector público e sector financeiro-, descríbese a estrutura sectorial e espacial da economía española e analízanse as especificidades da economía galega en relación á española.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/As fontes do crecemento económico españolbookopen access