Faraldo Roca, PedroCrujeiras Casais, Rosa MaríaPérez Rodríguez, MateoMartínez Calvo, AdelaLombardía, María JoséNaya, SalvadorMatías Fernández, José MaríaFernández de Castro, Belén MaríaCarreira Figueiras, Verónica2024-04-112024-04-112022http://hdl.handle.net/10347/33489Desde a súa creación, no ano 2001, o consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) desenvolveu actividades orientadas á mellora continua da calidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG), entre as cales se atopa a realización dun seguimento periódico da poboación titulada no SUG, materializada a través dos seus estudos de inserción laboral. Nestes estudos analízanse as valoracións dos titulados, proporcionando información da percepción que teñen sobre a súa formación adquirida e a súa universidade, e sobre a súa busca de emprego e a súa situación laboral actual. O grupo de Análise Estatística presenta o avance de resultados do “Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2014-2015 (EIL1415)1”, complementando a serie temporal de estudos de inserción laboral da poboación titulada no Sistema Universitario de Galicia (SUG). Neste avance, preséntase un resumo dos principais resultados acadados na décimo terceira enquisa, realizada á poboación titulada no curso académico 2014-2015. A poboación obxecto de estudo está centrada na poboación universitaria titulada en graos e títulos de 1º e 2º ciclo (diplomaturas, licenciaturas, enxeñarías, enxeñarías técnicas, arquitectura e arquitectura técnica). Como xa sucedía no estudo do ano pasado (EIL1314), detéctase un incremento na representatividade dos titulados en graos, en consonancia cos anos de implantación dos primeiros títulos de grao (2008-2009 e 2009-2010) froito do proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Os obxectivos principais deste estudo coinciden cos dos anteriores estudos de inserción laboral xa realizados: a obtención de información sobre a percepción dos titulados sobre a súa formación e a súa universidade (formación universitaria, prácticas e traballos durante a titulación, mobilidade e coñecemento de idiomas) e a obtención de información sobre a súa busca de emprego e a súa situación laboral actual (acceso ao emprego, vías de busca de emprego, situación laboral actual, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e competencias requiridas no emprego).glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia 2014-2015 (EIL1415)otheropen access