Liñares Lamas, Alberto2021-07-132021-07-132018-07http://hdl.handle.net/10347/26572Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos. Curso 2017-2018Neste Traballo Fin de Máster realízase unha modificación dun modelo matemático que simula o funcionamento dun sistema MBR (Biorreactor de membranas) para o post-tratamento dos efluentes dun reactor anaerobio UASB que trata augas residuais urbanas en Cartagena (Murcia). O modelo cuantifica os principais procesos físicos e biolóxicos que teñen lugar en augas con estas características. Descríbese a eliminación biolóxica de materia orgánica, nitróxeno e metano (importante Gas de Efecto Invernadoiro (GEI)), así como o importante papel desempeñado polo sulfuro de hidróxeno presente no proceso. Para realizar a calibración do modelo tomáronse os datos experimentais de amonio, nitrato, metano disolto, sulfuro de hidróxeno e sulfato en cámaras tanto aerobia como anóxica do MBR medidos entre xullo do ano 2016 e xuño de 2017. A continuación o modelo validouse comparándoo cos datos experimentais obtidos entre xuño e setembro de 2017. Os resultados do calibrado e da validación demostran que o modelo matemático desenvolvido reproduce axeitadamente os datos experimentais. Isto confírelle unha capacidade de predición suficiente para poder ser aplicado no deseño e dimensionamento de novas plantas. Co modelo calibrado realizouse unha análise das variables de operación que garantiran unha boa eliminación de metano e nitróxeno, ademais de indicar cales deberían ser os valores de cada unha delas que permitisen o bo funcionamento da operación. Dado que pode haber variacións na concentración de contaminantes que entren ao post-tratamento estudado, será aconsellable implementar lazos de control que garantan a robusteza do sistema, sendo capaz de amortiguar estes cambios sen alterar o proceso.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Biorreactor de MembranasMBRTratamento de augas residuaisEliminación de metanoEliminación de nitróxenoEliminación de materia orgánicaTratamento anaerobio de augas residuaisReactor anaerobioMaterias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3303 ingeniería y tecnología químicasModelado do ciclo do xofre en post-tratamentos de efluentes de reactores anaerobiosmaster thesisopen access