Ginzo Villamayor, María José2024-02-092024-02-0920219788409346622http://hdl.handle.net/10347/32695A Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide (MeLiSA) comprácese en presentar a VIII Xornada de Usuarios de R en Galicia. Pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade, ademais trátase de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións. O programa contempla dezasete relatorios ao longo de todo o día. Dos cales oito son convidados e ás outras sete atenderon á chamada de recepción de propostas. Durante a xornada teremos unha mesa redonda adicada a discutir sobre datos, R e COVID-19, presente nas nosas visas desde o 2020. Entre os participantes figuran especialistas do Instituto Español de Oceanografía (IEO), da Xunta de Galicia: diferentes entidades como a Consellaría de Sanidade ou o Instituto Galego de Estatística e, das tres universidades galegas, así como doutras nacionais como son á Universidad de Castilla-La Mancha (UCLM), Universidad de Oviedo, Universidad de Valencia, Universidad Complutense de Madrid, e dos seguintes centros de investigación: Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC), Instituto de Biomecánica de Valencia, International Centre for Numerical Methods in Engineering (CIMNE) e de empresas como Nextail ou Kstats e unha profesora do Colexio Manuel Peleteiro. Santiago de Compostela. Todo isto non sería posible sen o patrocinio de AMTEGA á que agradecemos a súa contribuciónglgObra baixo licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.es/1209 EstadísticaVIII Xornada de usuarios R en Galicia: programas e resumosbookopen access