Alonso Prol, David2021-10-182021-10-182021http://hdl.handle.net/10347/27015Traballo Fin de Grao de EconomíaO teletraballo é unha modalidade laboral cada vez máis estendida que pretende xerar efectos positivos tanto para as persoas traballadoras como para as organizacións, institucións ou empresas que a implanten. Neste contexto, a pandemia da Covid-19 foi un catalizador desta modalidade laboral. Este traballo pretende, dende unha perspectiva práctica, observar de que forma afectan variables como o apoio organizativo, a experiencia previa co teletraballo ou factores persoais (idade ou sexo) sobre a satisfacción percibida polas persoas que o practican. Para isto, despois dunha introdución de carácter teórico, realízase unha análise descritiva, para posteriormente utilizar un modelo probit ordenado que permita testar as relacións entre as variables referidas e a satisfacción co teletraballo. Os resultados arroxan unha relación positiva entre a experiencia previa ó Covid-19 co teletraballo e a satisfacción das persoas co mesmo. Tamén revelan que o apoio organizativo (de colegas, xefes, e de medios facilitados para desenvolver as tarefas) é un elemento relevante a considerar para a mellora da satisfacción e benestar do cadro de persoal. Mulleres e homes amosan un comportamento similar na satisfacción co teletraballo pese a que as horas de coidados do fogar, menores e maiores exercen unha influencia significativa en detrimento da satisfacción percibida por estas. Este resultado é de particular importancia de cara a reformular os roles de xénero que actualmente seguen a estar impostos -en moitos casos- no relacionado a estes coidados.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/TeletraballoTeletrabajoTeleworkingSatisfacción percibidaPerceived satisfactionBenestarWelfareXéneroGéneroGenderMaterias::Investigación::63 SociologíaSatisfacción co teletraballo: unha aproximación empíricabachelor thesisopen access