Madriñán Vázquez, Marta2024-05-302024-05-302011978-84-9887-562-1http://hdl.handle.net/10347/33980Esta unidade didáctica denominada “A posesión” forma parte da materia de Dereitos reais impartida no segundo semestre do primeiro curso de Grao de Dereito. A posesión ten a fama, certamente merecida, de ser unha das institucións máis complexas e confusas do Dereito civil, o cal se debe, noutra orde de cousas, a razóns históricas. En efecto, as normas do noso Código civil dedicadas á posesión, son o resultado dunha longa evolución influenciada por antigos portadores de sistemas substancialmente heteroxéneos, en especial o Dereito romano, o xermánico e o canónico. Iso dificultou, sen dúbida, o labor de interpretación coherente do conxunto normativo regulador da posesión, e ó mesmo tempo, propiciou a formulación de construcións doutrinais de signo oposto. Dito isto, pódese afirmar que a posesión é un poder de feito que se exerce sobre unha cousa, aínda que non se teña dereito sobre ela, co ánimo de posuíla como dono, é dicir, non recoñecendo o dominio doutra persoa. A posesión consiste pois no feito mesmo dese poder independentemente de que se axuste a dereito, xa que normalmente o poder de feito sobre a cousa exterioriza a existencia dun dereito real sobre a mesma. Existe unha relación fáctica como manifestación dunha relación xurídica. Pero isto non ten que ocorrer obrigatoriamente, pois é posible que, tras esa forma exterior ou aparencia non exista ningún dereito. Agora ben, a nota esencial da posesión radica en que pese ó carácter fáctico da mesma, o ordenamento xurídico atribúe importantísimos efectos. É un feito que alcanza relevancia porque o ordenamento o contempla, desvinculado do dereito, e atribúelle efectos propios, é dicir, outórgalle relevancia xurídica.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/A posesiónbookopen access