Míguez Macho, GonzaloLlasat Botija, María del CarmenInsua Costa, Damián2022-04-212022-04-212022http://hdl.handle.net/10347/28204A presente tese enmárcase no estudo da orixe da precipitación extrema e ten como principal obxectivo aclarar definitivamente cales son as principais fontes de humidade que alimentan as chuvias torrenciais do Mediterráneo Occidental. A principal ferramenta empregada para tal fin é unha técnica de rastrexo de humidade coñecida como trazadores de vapor de auga. Esta técnica acóplase a un modelo meteorolóxico, no noso caso o WRF (Weather Research and Forecasting model). O modelo executouse para máis dun cento de casos ocorridos en diferentes países do Mediterráneo entre 1980 e 2015. Isto fixo posible extraer conclusións xerais e robustas, mellorando así o coñecemento previo sobre este asunto, que se baseaba xeralmente no estudo de casos concretos en zonas concretas. A principal conclusión que se extrae da tese é que a aportación do Mar Mediterráneo como fonte de humidade é, en termo medio, menor do que moitas veces se presume, arredor dun 35%. Encontramos que as fontes remotas, nalgúns casos tan remotas coma o Pacífico tropical ou o hemisferio sur, xogan un papel determinante nestes eventos. De feito, a contribución de fontes remotas é en termo medio superior á contribución de fontes locais nun 10%. Polo tanto, se queremos comprender plenamente este tipo de eventos catastróficos, temos que estudalos dende un enfoque máis global e menos local ou rexional, especialmente cando intentan atribuírse ao cambio climático.engAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/MediterraneanprecipitationextremesWeather Research and Forecasting modelcatastrophic impactsMaterias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2509 Metereología::250904 HidrometeorologíaMaterias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2508 Hidrología::250810 PrecipitaciónMaterias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2501 Ciencias de la atmósfera::250121 Simulación numéricaA climatology of western Mediterranean precipitation extremes focusing on the study of moisture origindoctoral thesisopen access