Río Pena, Emilio del2022-03-302022-03-302021-06http://hdl.handle.net/10347/27842Traballo Fin de Grao en Medicina. Curso 2020-2021Dende a súa descrición en decembro de 2019 a COVID19 cambiou o curso da humanidade. A COVID19 é unha enfermidade infecciosa viral causada polo SARS-CoV2. As manifestacións clínicas máis importantes son respiratorias acompañadas de sintomatoloxía xeral inespecífica, malia que pode afectar a unha gran cantidade de órganos e aparellos, entre eles a pel. A clínica cutánea da enfermidade é polimórfica, existindo unha ampla variedade de signos descritos, a pesares de que a meirande parte deles comparten un substrato fisiopatolóxico e anatomopatolóxico común. Os signos máis frecuentes son exantemas inespecíficos coma o exantema eritematoso ou maculopapular tipo morbiliforme, polo que a súa utilidade práctica é moi limitada. Doutra banda atopamos as pseudopernioses, cuxa relación coa infección viral foi complicada de establecer pero son altamente específicos, aparecendo tardiamente na enfermidade leve, servindo para o diagnóstico en doentes que pasan a infección de xeito inaparenteglgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Manifestacións cutáneas da COVID19bachelor thesisopen access