Soto Campos, Ana María2024-05-312024-05-312013978-84-9887-960-5http://hdl.handle.net/10347/34037A presente Unidade didáctica (en diante UD) encádrase no primeiro Bloque da materia “Instrumentación e Control de Procesos” do terceiro curso do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais. É a única UD do bloque introdutorio. Pretende dar unha idea global de que é o control de procesos químicos e cal é a súa utilidade, cales son as técnicas dispoñíbeis e a instrumentación necesaria para implementalas. Amosará ao alumnado que dependendo dos obxectivos e investimentos a realizar, poden deseñarse dende sistemas de control moi básicos ata os máis complexos. Esta unidade permitirá adquirir a linguaxe propia do control de procesos e recoñecer as súas representacións, establece por tanto a base da disciplina. A unidade será impartida en nove horas: seis de contidos teóricos, dúas de traballo do alumnado en clases interactivas e unha hora de avaliación. Polo seu carácter xeral, esta UD é idónea non só no Grao para o que está formulada senón para todos aqueles que desexen “entender” o control de procesos sen entrar nos seus aspectos cuantitativos. Neste caso, a duración da docencia depende dos obxectivos do profesorglgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Introdución ao control de procesos químicosbookopen access