Sanmartín Matalobos, JesúsBermejo Barrera, PilarAlves Iglesias, Yeneva2023-10-252023-10-252023http://hdl.handle.net/10347/31076A produción e uso masivo de nanomateriais (NMs) en múltiples ámbitos, tanto industriais como tecnolóxicos e sanitarios, provocou que os investigadores nos preocupásemos polos posíbeis efectos negativos que poden ter ditos NMs sobre a saúde humana. Esta preocupación provocou que nos últimos anos se levasen a cabo estudos de nanotoxicoloxía e nanoseguridade, ciencias estas, que requiren métodos nanometrolóxicos fiables. A finalidade desta tese doutoral é a síntese, caracterización e estudo de ligandos orgánicos que actúen como receptores para levar a cabo a determinación de nanomateriais en medios acuosos ou alcois. Esta investigación céntrase no uso da espectroscopía de fluorescencia e de UV-Vis para a detección de nanopartículas CuO e CdSe, así como puntos cuánticos de CdSe funcionalizados con cisteina, empregando receptores capaces de interaccionar con eles, o que determinará un cambio nas súas propiedades ópticas.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Quantum DotsBase de SchiffNanopartículasSensorFluorescencia3202 EpidemologiaDesenvolvemento dun método óptico para a determinación de nanomateriais metálicosdoctoral thesisopen access