Iglesias Rodríguez, GregorioCarballo Sánchez, Rodrigo2024-05-302024-05-302011978-84-9887-777-9http://hdl.handle.net/10347/33990Esta Unidade Didáctica (en diante UD) constitúe un material de apoio para o seguimento dunha parte da materia de Hidráulica I. De entrada non existe ningún prerrequisito legal para poder cursar esta materia. Non obstante, considérase recomendable ter cursado previamente, e superado con éxito, Matemáticas I, II e III e Física I e II, por proporcionar unha base axeitada para a comprensión da materia. Nesta UD expóñense os conceptos básicos de análise dimensional e impartiranse nocións fundamentais de modelización física. Non obstante, considérase indispensable a asistencia a clase e a realización de actividades complementarias para a total comprensión dos distintos conceptos por parte do alumno. A análise dimensional é unha ferramenta conceptual empregada na Enxeñería Hidráulica e noutras ramas da enxeñería, así como da física ou química, para a simplificación do estudo de calquera fenómeno no que están involucradas diversas magnitudes físicas en forma de variables independentes.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Análise dimensionalbookopen access