Fresno Saá, Elena2016-11-282016-11-282015-07http://hdl.handle.net/10347/14989Ao longo deste traballo facemos un estudo sobre o funcionamento e a organización das escolas penitenciarias españolas, e centrámonos particularmente no caso da escola do Centro Penitenciario de Monterroso (provincia de Lugo). Unha vez detallados os obxectivos e a metodoloxía do traballo, facemos referencia aos diferentes documentos legais que apoian as funcións e bases organizativas das escolas dos centros penitenciarios Despois de facer este achegamento normativo, expoñemos diferentes teorías e opinións de expertos en materia pedagóxica no tocante á efectividade dos servizos educativos cos que contan as prisións no Estado Español. Sublíñanse tamén as melloras que estes servizos aínda precisan; en calquera caso, trátase dun asunto pouco coñecido socialmente e aínda escasamente investigado. Para coñecer a fondo o centro educativo obxecto de análise, describimos brevemente aspectos relacionados coa práctica diaria do Centro de Educación e Promoción de Persoas Adultas de Monterroso, entre os que se atopan as súas normas de funcionamento, as instalación das que dispón, a metodoloxía e recursos xeralmente empregados ou o perfil de alumnado e profesorado que recibe diariamente a escola. O documento remata cun extenso repertorio de apéndices complementarios, precedidos dunhas conclusións nas que se remarca a necesidade imperiosa na actualidade de que os centros universitarios de Formación do Profesorado asuman decididamente a formación específica que esixen certos postos laborais docentes como o de mestre/a de persoas adultas, e de poboación reclusa máis particularmenteglgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/Escuela penitenciariaPrisionesReeducaciónReinserciónMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5802 Organización y planificación de la educación::580201 Educación de adultosAs escolas dos centros penitenciarios: estudo do caso de MonterrosoLas escuelas de los centros penitenciarios: estudio del caso de Monterrosobachelor thesisopen access