Casal de la Fuente, Lucía2017-08-012017-08-012014Casal de la Fuente, Lucía (2014). Voz cantada e colectivos vulnerables. En AAVV, A Investigación Predoutoral na USC: Novos camiños. I Encontro Mocidade Investigadora: Libro de Resumos. 13-15 decembro 2012 (p. 78). Santiago de Compostela: EDI, USC. ISBN-13: 978-84-15876-84-7. Dispoñible en: http://goo.gl/Bg65Da978-84-15876-84-7http://hdl.handle.net/10347/15651DEFINICIÓN DO PROBLEMA: Exponse como problema de investigación se a mellora da baixa autoestima que presentan os grupos vulnerables está asociada ou relacionada cos beneficios que o traballo da voz cantada aporta a nivel persoal e grupal no ámbito social, educativo e cognitivo, e se polo tanto serve como axuda nos procesos de integración e inclusión social. OBXECTIVO XERAL: Comprobar se a baixa autoestima que presentan en xeral os colectivos vulnerables se ve favorecida a través de actividades de canto individual e colectivo. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: • Deseñar e implementar un programa de formación baseado en actividades a través da voz cantada para favorecer a mellora da autoestima con colectivos vulnerables. • Favorecer os procesos de participación e inclusión a través da voz cantada. PROCEDEMENTO E FASES DE INVESTIGACIÓN: En primeiro lugar escollerase un colectivo vulnerable, como por exemplo: persoas maiores, refuxiados, inmigrantes, mozos/as en risco social, persoas con discapacidade intelectual, poboación reclusa, drogodependentes, mulleres que recibiron abusos ou persoas sen fogar. Decidido o colectivo vulnerable co que traballar e localizada a mostra participante, a través dun protocolo medidor da autoestima, aplicarase á mostra para poder rexistrar os niveis de autoestima do grupo de xeito individual que presentan nun primeiro momento. Escollerase un/ha participante de cara a realizar un estudo de caso completo. Despois deseñarase e validarase un programa de formación vocal e canto inédito a través dun xuízo de expertos/as. Unha vez validado, implementarase coa mostra seleccionada e rexistraranse os audios e vídeos da práctica das actividades de cara ás análises para o estudo de caso e o estudo grupal dos procesos. Unha vez rematado o programa volverase a medir o nivel de autoestima do grupo-clase, e comprobarase se as diferenzas son significativas entre a primeira medición e a segunda, e se polo tanto a formación no ámbito do canto inflúe ou non na mellora da autoestima dos/as participantes e de que xeito. A metodoloxía a seguir será preferentemente cualitativa-interpretativa, axustada á fundamentación teórica dos construtos a traballar. Non obstante, a cuantificación tamén estará presente, pois precisarase para medir a autoestima a través dos protocolos. Os datos cuantitativos analizaranse co paquete estatístico que mellor se adapte, e os cualitativos a través de cadros de categorización para posteriormente ser analizados. Detallados os datos, procederase á elaboración do informe final. Contémplase a posibilidade de repetir esta experiencia cun colectivo vulnerable similar ao escollido pero no estranxeiro, a través dunha estancia de investigación.glgAtribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/SingingVulnerable groupsCantoGrupos vulnerablesVoz cantada e colectivos vulnerablesSinging voice and vulnerable groupsbook partopen access