Peña Saavedra, Vicente2017-06-152017-06-152014-07PEÑA SAAVEDRA, V.:(2014): «As escolas da emigración. Un proxecto educativo de valorización do patrimonio». EDUGA. Revista Galega do Ensino, nº 68, xullo-decembro.http://hdl.handle.net/10347/15489Fai agora cen anos, en Galicia asistíase á floración e ao desenvolvemento dunha das experiencias de escolarización popular máis xenuínas e senlleiras de cantas se teñen rexistrado na súa historia. Esta iniciativa agromaba nos escenarios da emigración transoceánica, impulsada polas sociedades de instrución que comezaran a tomar corpo en varios daqueles espazos case ao mesmo tempo, á altura de 1904. Desde entón e ata o alborexar da década dos trinta, ano a ano e mes a mes foron constituíndose moreas de pequenas agrupacións locais nos territorios de alén mar que tiñan por obxectivo en común contribuír á difusión do ensino nos lugares aos que proclamaban representar. Débenselles a elas as máis de trescentas aulas coas que axudaron a encher de luces o país, favorecendo a transición dunha sociedade na que prevalecía a cultura oral a unha nova xeira na que se ía ir abrindo paso a cultura escrita, sobre todo mercé á difusión e penetración da escola nos contextos rurais. Tres séculos antes xa, da man dos filántropos indianos, a intervención dos galegos do exterior no ámbito educativo fixera a súa aparición. As dúas variantes coexistirán durante boa parte da primeira metade do pasado século, aínda que con intensidades e perfís ben distintos ao longo do seu percorridoglgAtribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 Españahttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/EmigraciónEducaciónPatrimonioMaterias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550607 Historia de la educaciónAs escolas da emigración. Un proxecto educativo de valorización do patrimoniojournal article2171-6595open access