Negro Romero, Marta2013-12-042013-12-042013Negro Romero, Marta (2013). Contacto galego-castelán e cambio no léxico do corpo humano. En: Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias (pp. 221-243). Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Instituto da Lingua Galegahttp://hdl.handle.net/10347/9482No presente artigo analizaremos cuantitativamente os castelanismos introducidos no campo semántico das partes do corpo humano. O emprego de métodos cuantitativos no estudo da variación lingüística estivo restrinxido durante moito tempo ao ámbito da sociolingüística, xa que no campo da dialectoloxía sempre houbo reticencias á hora da súa aplicación. No caso galego, o primeiro estudo que emprega métodos estatísticos para analizar as falas galegas foi realizado por Xulio Sousa e data do ano 2006, ano no que ve a luz outro traballo máis extenso das mesmas características da autoría de Rosario Álvarez, Francisco Dubert e do propio Xulio Sousa. O profesor Henrique Costas (2011) emprega tamén este método para analizar o grao de proximidade entre as falas do Val do Ellas e as falas galegas, portuguesas, asturleonesas e castelás. A novidade do noso estudo consiste en utilizar a estatística para realizar unha análise do contacto galego-castelán.glgLinguas en contactoLenguas en contactoLanguages contactGalego (Lingua)Gallego (Lengua)Galician (Language)Español (Lingua)Español (Lengua)Spanish (Language)Cambio léxicoLexical changeCastelanismosCastellanismosCastilianismsContacto galego-castelán e cambio no léxico do corpo humanobook partopen access