Paül Carril, ValeriàRodríguez Rodríguez, Manuel2025-03-132025-03-132025https://hdl.handle.net/10347/40215Investíganse a ordenación, a planificación e o desenvolvemento territoriais practicados nas Serras de Queixa, San Mamede e Montes do Invernadeiro, que constitúen conxuntamente un macizo montañoso ben discerníbel situado no sueste de Galicia, no período que descorre desde os anos 1970 até a actualidade. A maior parte deste ámbito atópase englobado na Zona de Especial Conservación (ZEC) do Macizo Central e, cunha superficie moito menor, na do Bidueiral de Montederramo. O enfoque escollido privilexia darlle voz aos actores locais mediante unha técnica de análise cualitativa asentada, aínda que non practicada antes na zona: as entrevistas semiestruturadas. Así, a perspectiva dos líderes da comunidade local resulta esencial, o que representa o principal aspecto innovador da investigación desenvolvida nas coordenadas teórico-metodolóxicas do construtivismo social en Xeografía. Deste xeito, asúmese o territorio como unha construción social, política e cultural.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Ordenación territorialdesenvolvementodespoboamentoRede Natura 2000Manzaneda540305 Geografía política540104 Desarrollo regional540402 Geografía ruralO desenvolvemento dos territorios de montaña das serras de Queixa, San Mamede e Montes do Invernadeiro (1975-2015): enfoques institucionais, políticas públicas e percepcións comunitariasdoctoral thesisopen access