Cidrás Escáneo, Francisco AntonioMíguez, Vítor2021-11-232022-10-182021http://hdl.handle.net/10347/27126Esta tese dá un primeiro paso no estudo da modalidade epistémica en galego prestando atención á súa expresión adverbial. Ante a falta dun acordo xeral sobre como entender a modalidade, a primeira parte do traballo dedícase a examinar e avaliar as principais propostas teóricas para o seu estudo. Ademais, o ámbito máis concreto da modalidade epistémica (entendido aquí nun sentido estrito como a área semántica da certeza e a incerteza) garda estreitas relacións con categorías como o tempo, o modo, a evidencialidade ou a atenuación, vínculos que deben ser esclarecidos para alcanzar unha caracterización operativa da área estudada. A segunda parte da tese céntrase nos adverbios epistémicos. Estas pezas lingüísticas adoitan considerarse recursos neutros para a expresión da modalidade, idea que contrasta co seu número e a súa diversidade interna. Para describir e analizar esta área lingüística, lévase a cabo un estudo de corpus de seis adverbios considerados representativos das posibilidades expresivas da modalidade epistémica. Os resultados revelan padróns de variación en diferentes niveis e convidan a revisar ideas previas sobre o comportamento dos adverbios epistémicos.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/adverbioslingua galegalingüística de corpusmodalidade epistémicaMaterias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570513 Sintaxis, análisis sintácticoAproximación á modalidade epistémica en galego: o dominio adverbialdoctoral thesisopen access