Figueroa Sestelo, Rubén2014-02-252014-02-252013978-84-9887-952-0D.L.: C. 62-2013http://hdl.handle.net/10347/9905Titulación: Grao en Bioloxía -- Materia: Matemáticas para BioloxíaA presente unidade didáctica enmárcase dentro da materia Matemáticas para Bioloxía, que pertence ao primeiro curso do plan de estudos do Grao en Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Esta materia nace como ferramenta para que os futuros biólogos e biólogas adquiran os coñecementos e destrezas matemáticas necesarias para exercer no futuro a súa profesión científica. Máis concretamente, esta materia pretende proporcionar unha formación básica en cálculo infinitesimal e ecuacións diferenciais, facendo énfase na modelaxe dalgúns procesos relacionados coa bioloxía, como poden ser o crecemento poboacional ou as leis de arrefriamento, entre outros. Nesta unidade didáctica farase fincapé, precisamente, nesta última parte. Así, nela desenvolveremos as nocións e resultados básicos relativos á teoría de ecuacións diferenciais, estudando algúns métodos para a resolución dalgún tipo particular delas, así como a súa aplicación á modelaxe de diversos procesos da vida real. Para este desenvolvemento farase imprescindible manexar con soltura os contidos das unidades didácticas anteriores relacionadas co estudo das funcións reais de varias variables reais, así como o cálculo diferencial e integral.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Ecuación diferencial ordinaria (EDO)Ecuación en derivadas parciais (EDP)Ecuación en derivadas parciales (EDP)Ecuacións en variables separadasEcuaciones en variables separadasEcuacións linearesEcuaciones linearesProblemas de valor inicialTeoremas de Cauchy-Peano e Picard-LipschitzMatemáticas para BioloxíaGrao en BioloxíaMaterias::Investigación::12 Matemáticas::1202 Análisis y análisis funcional::120219 Ecuaciones diferenciales ordinariasMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2404 Biomatemáticas::240499 Otras (especificar)Ecuacións diferenciais. Aplicacións á bioloxíabookopen access