Vence Deza, XavierLópez-Bermúdez, Francisco2025-05-142025-05-142025https://hdl.handle.net/10347/41506Nesta tese abordamos o estudo da reparación no contexto da economía circular. A reparación consiste na corrección de erros específicos que devolven os bens a un estado funcional. A reparación constitúe un elemento crucial da lóxica da economía circular ao tratarse dunha actividade de reutilización que permite manter o valor atribuído aos materiais, prolongar a vida útil dos bens e ralentizar a demanda de materias primas. No contexto da actual crise ambiental, que está provocada por un sistema de produción-consumo de tipo linear e o sistema de acumulación que alimenta, tórnase imprescindíbel desenvolver coñecemento útil sobre potenciais alternativas máis sustentábeis. Existe unha carencia fundamental na investigación no ámbito da economía circular que ten a ver coas propiedades socioeconómicas e estruturais da reparación.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/reparaciónreparabilidadeeconomía circularobsolescenciasustentabilidade531202 Servicios comunitarios, sociales e individuales530704 Estudios del desarrollo económico531210 Investigación y desarrolloEconomía circular, reparación e obsolescencia. As limitacións da estratexia europea de reparación e potencialidades para o desenvolvemento rexional sustentábel da Galizadoctoral thesisopen access