Villanueva Patao, Belén2020-10-282020-10-282018-10-30http://hdl.handle.net/10347/23467Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2018-2019No século XIX prodúcese un cambio en positivo cara á dignificación e estudo da lingua galega. Logo dun período de escuridade no que se deu un baixo nivel de uso escrito do galego e en que éste sufriu un proceso de substitución lingüística, danse unha serie de factores que propiciarán un cambio na mentalidade da época. Esas causas, e o Rexurdimento no seu conxunto, serán o noso primeiro obxecto de estudo. De seguido, situaremos a figura de José Antonio Saco Arce neste contexto de aparición e difusión dos movementos galeguistas baseados na defensa da singularidade e personalidade diferenciada de Galicia. Neste marco, e logo de presertarmos os seus datos biográficos básicos, expoñeremos as distintas facetas do seu traballo intelectual: gramático, poeta, estudoso da poesía e refraneiro popular, publicista de artigos sobre temas lingüísticos e literarios... O traballo concluirá cun capítulo en que se faga unha avaliación do que supuxeron o seu discurso e as súas obras para o renacer, non só dunha lingua, senon tamén dunha cultura e unha identidade que vivía oculta e minusvalorada polo pobo galego. Nesta análise non poderemos esquecernos das motivacións do autor nin do punto de vista dos seus coétaneos (políticos, pensadores e artístas) sobre a situación do país e a linguaglgRexurdimentoJosé Antonio Saco ArceMovementos galeguistasIntelectuais galegos do século XIXMaterias::Investigación::63 Sociología::6301 Sociología cultural::630106 Civilización y caracteres nacionalesMaterias::Investigación::55 Historia::5501 BiografíasMaterias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570510 SociolingüísticaMaterias::Investigación::55 Historia::5504 Historia por épocas::550402 Historia contemporáneaJuan Antonio Saco Arce no Rexurdimento galegoJuan Antonio Saco Arce en el Rexurdimento gallegoJuan Antonio Saco Arce and the Galician Renaissance (Rexurdimento)bachelor thesisopen access