Álvarez Pousa, LoisLópez López, Paulo CarlosUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Programa de Doutoramento Comunicación e Xornalismo2016-04-192016-04-192016-04-19http://hdl.handle.net/10347/14608As eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2009 foron uns comicios con características especiais, dende o nivel fenomenolóxico ata o comunicativo e o político, onde, nun momento de varias crises superpostas, cada axente xogou un papel determinante na configuración das diferentes axendas e no encadre dos actores. Os acontecementos que tiveron lugar entre setembro de 2008 e marzo de 2009 no contexto económico e social, dinamitaron a posibilidade de continuidade no poder por parte de dous partidos políticos, PSOE e BNG, que, naquela altura, estaban condenados a entenderse para construír unha alternativa á dereita en Galicia. A presente investigación realizouse mediante un estudo pormenorizado das novas dos xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El País entre o 9 de decembro de 2008 (data de saída de Xornal de Galicia) e o 28 de febreiro de 2009 (último día da campaña electoral) a través dunha metodoloxía mixta onde se conxuga a análise de discurso e de contido, ademais da extracción de datos dos diferentes barómetros do CIS. Sobre esta base constrúese o relato electoral mediante a “tematización” presente nos medios, investigando o proceso de diálogo (ou comunicación) que se estableceu entre os partidos políticos, os medios de comunicación e a cidadanía dentro do marco das teorías da axenda-setting e tamén da axendabuilding e as súas posibles influencias no voto. O desenvolvemento da investigación incardinouse nun momento de cambio, cunhas axendas que estaban reforzando o seu contido económico, e no que o período máis conflitivo se deu entre o 23 e o 28 de febreiro, onde os encadres sobre determinados protagonistas se acentúan, certos temas se reforzan e o conflito chega ao punto máximo co “despilfarro” como elemento central.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glaxenda-settingeleccións Parlamento de Galiciacomunicación políticaanálise do discursovoto económicoMaterias::Investigación::59 Ciencia política::5905 Vida política::590501 EleccionesMaterias::Investigación::59 Ciencia política::5910 Opinión pública::591003 PrensaA construción da axenda política, mediática e pública nas eleccións galegas do ano 2009. Estratexia partidaria, produción da información e cidadaníadoctoral thesisopen access