Dopico Gutiérrez del Arroyo, FaustoBarreiro Gil, Manuel JaimeRodríguez Toimil, AbilioUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Departamento de Economía Aplicada2016-08-232016-08-232016-08-23http://hdl.handle.net/10347/14846Analízase a posibilidade de integración de factores psicolóxicos en Economía a traveso da analítica marxinalista. Afírmase que a linguaxe analítica empregada limita e condiciona. Existen autores que defenden a posibilidade de integración de factores psicolóxicos mediante o marxinalismo sen especificar limitacións; outros que negan esa posibilidade. A tese defendida adopta unha perspectiva distinta: preguntarse polos factores psicolóxicos que non é posible integrar e polos motivos desa selectividade. Analízase a capacidade para incorporar factores non hedónicos a modelos condutuais e as consecuencias analíticas da súa non integración. Atópase que non tódolos factores psicolóxicos son integrables nos modelos condutuais. Como consecuencia vese afectada a capacidade explicativa dos propios modelos e o xeito no que deben ser lidos. Para comprobar a importancia dos factores non hedónicos recórrese a conceptos (o de empurrón ou “nudge”) e metodoloxías alternativas (a da aleatorización) que, podendo integrar os factores que non é quen de asimilar o marxinalismo, testemuñan as consecuencias desa taxatividade. Conclúese sobre a necesidade dunha pluralidade de métodos e de conceptos de acordo con Nancy Cartwright para quen, nas Ciencias Sociais, non existe unha metodoloxía que poida ser identificada como un “Gold Standard” subliñando ademais a vaidade resultante do excesivo rigor académico sostido polos defensores dunha única forma de facer Economía.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glMarxinalismoHedonismoeconomía condutualPsicoloxíaRacionalidadeMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5308 Economía general::530801 Metodología económicaMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5308 Economía general::530803 Historia del pensamiento económicoMarxinalismo e racionalidade en Economíadoctoral thesisopen access