Soengas Pérez, XoséQuinteiro Otero, EstherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Programa de Doutoramento Comunicación e Industrias creativas2015-04-202015-04-202015-04-20http://hdl.handle.net/10347/13049A televisión educativa deseña os seus espazos ao servizo da intencionalidade didáctica. Procura a aprendizaxe dos telespectadores, respectando especialmente os seus trazos e necesidades específicas cando se dirixe á audiencia infantil. O propósito desta investigación céntrase en analizar os contidos educativos orientados ao desenvolvemento global do neno no programa de televisión destinado á etapa de Educación Infantil Pocoyó. Na procura dese obxectivo, elabórase unha análise de contido dos 104 capítulos da serie que conforman a totalidade das tempadas I e II. Obtéñense así uns resultados que reflicten un deseño como mínimo medianamente orientado á finalidade didáctica no 100% dos episodios, destacando o 70,19% dos mesmos por estar moi orientados. Deste modo, os tres actos do capítulo configúranse para que exista unha relación estreita entre a trama e o contido educativo en tódolos episodios, sobresaíndo a intensificación do contido educativo, a indución á reflexión e as mensaxes educativas explícitas como os principais mecanismos de transmisión. Así mesmo, as tres áreas que agrupan os contidos educativos teñen unha prevalencia superior ao 99% dos capítulos. Desenvolven unha media de 46,28 ítems por episodio, dos que 31,11 pertencen á educación emocional, a área predominante da serie. En conclusión, Pocoyó constitúe un modelo de televisión educativa para os programas destinados ao público na etapa de Educación Infantil.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glTelevisión educativaetapa de Educación Infantildesenvolvemento global do nenoeducación emocionalPocoyóMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580101 Medios audiovisualesMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580104 Teorías educativasMaterias::Investigación::61 Psicología::6104 Psicopedagogía::610402 Métodos educativosCara una televisión educativa centrada no desenvolvemento global do neno: o caso de Pocoyódoctoral thesisopen access