Regueira Fernández, Xosé Luís2015-09-252015-09-252015Regueira Fernández, Xosé Luís (2015). Os estudos de lingua (e cultura) galega fóra de Galicia. En: "En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie" (pp. 161-175). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela978-84-16183-96-8D.L. C. 1193-2015http://hdl.handle.net/10347/13599Os estudos de lingua e cultura galegas teñen un punto de xiro a fi nais da década de 1980 e nos primeiros anos da década seguinte. Ao longo do século xx a lingua e a cultura galegas foran empezando a ser estudadas nalgunhas universidades, sobre todo alemás, mais de maneira limitada á investigación levada a cabo por unhas poucas figuras illadas, deixando á parte a literatura medieval e facendo excepción de Krüger e dos seus discípulos da universidade de Hamburgo. A partir do final da ditadura, a situación sociolingüística do galego vai empezar a ser obxecto de atención, principalmente en universidades alemás tamén. A partir dos últimos anos da década de 1980 esténdese tamén a presenza da lingua galega, a través de cursos para alumnado estranxeiro e sobre todo grazas á creación dunha rede de centros de estudos galegos en diferentes universidades europeas e americanas. David Mackenzie, a quen lle dedicamos esta merecida homenaxe, tivo un papel moi relevante na extensión destes estudos no Reino Unido e en Irlanda. Nesta achega pretendo trazar un panorama da evolución dos estudos de lingua e cultura galegas no século xx e no comezo do xxi, para rematarmos cunha análise dalgúns dos logros e debilidades da situación actual. Aínda que aludirei a estudos de literatura e, sobre todo, de literatura medieval, centrareime nos estudos de lingüística, tanto pola miña propia especialización coma pola dificultade de manexar a gran cantidade de información existente nos últimos anos sobre estas áreas tan extensas, ademais de por limitacións de espazoglgGalego (Lingua)Gallego (Lengua)Galician (Language)Lingüística galegaLingüística gallegaLinguistics GalicianMaterias::Investigación::57 LingüísticaOs estudos de lingua (e cultura) galega fóra de Galiciabook partopen access