Rodríguez Pérez, Ana Isabel2014-05-162014-05-162013978-84-9887-494-5http://hdl.handle.net/10347/10493Titulación: Grao en Farmacia -- Materia: Anatomía, Histoloxía e CitoloxíaO aparato dixestivo é o encargado de transformar os alimentos que inxerimos en sustancias máis sinxelas e facilmente asimilables polo organismo. O estudo deste aparato é moi importante para o futuro farmacéutico xa que constitúe a base anatómica da administración oral de medicamentos. Esta vía de administración é, sen dúbida, a máis empregada a día de hoxe debido ás múltiples vantaxes que presenta: vía sinxela, segura e cómoda. Porén, presenta tamén algúns inconvenientes que é preciso coñecer para poder deseñar adecuadamente novas formas de dosificación adecuadas á vía oral. Entre estes inconvenientes cabe subliñar o efecto do primeiro paso hepático que pode facer perder grande parte do medicamento administrado antes de que este alcance a circulación central. A explicación a este fenómeno, que radica na drenaxe venosa do intestino, estudarémola no seminario que complementa as dúas clases expositivas que constitúen esta unidade temática. Durante as clases expositivas expoñerase a morfoloxía e estrutura macroscópica do aparato dixestivo. Para isto describiranse as principais estruturas, cunha dobre aproximación, integrando morfoloxía e función e asentando as bases para materias de cursos superiores tales como Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía, Farmacoloxía e Biofarmacia e Farmacocinética. Ao rematar a unidade didáctica o estudantado será capaz de: Coñecer e comprender a morfoloxía, estrutura e os aspectos funcionais do aparato dixestivo como base para materias de cursos superiores do tipo de Fisioloxía Humana, Fisiopatoloxía e Farmacoloxía. Numerar e describir os compoñentes do aparato dixestivo. Coñecer e aplicar as implicacións que a circulación portal terá na administración de fármacos. Coñecer e manexar a terminoloxía anatómica con precisión como base da comunicación interprofesional en ciencias da saúde. Manexar bibliografía e ferramentas adecuadas para buscar información necesaria para preparar a materia.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/EsplacnoloxíaEsplacnologíaPadalPaladarÚvulaFarinxeFaringeAbdomeAbdomenPeritoneoEpiplóns ou OmentosEpiplones u OmentosDuodenoInnervaciónInervaciónCirculación portal hepáticaAnatomía, Histoloxía e CitoloxíaGrao en FarmaciaMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3205 Medicina interna::320503 GastroenterologíaMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2411 Fisiología humana::241107 Fisiología de la digestiónAparato dixestivobookopen access