Pastoriza Rozas, Xosé Luís2025-01-282025-01-282023Pastoriza Rozas, X. L. (2024). hidra tricéfala de Galaxia: o equipo de Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla e Ramón Piñeiro. Boletín Da Real Academia Galega, 384, 153–168. https://doi.org/10.32766/brag.384.8431576-8767https://hdl.handle.net/10347/39160A editorial Galaxia e o labor do seu equipo humano durante o franquismo pode analizarse desde múltiples perspectivas. Mais Xaime Isla sempre insistía en que se debía prestar unha atención especial á súa organización colectiva como equipo, unha teima que reflectiu con asisada creatividade en data indeterminada na súa caracterización caricaturesca de Piñeiro, Del Riego e el mesmo como unha hidra de tres cabezas. A análise das dinámicas positivas, nutritivas e produtivas deste traballo en equipo permitirían explicar a supervivencia histórica da editorial e o seu proxecto político-cultural, así como o triunfo do galeguismo en canto cultura política da Galicia autonómica e democrática. Porque a editorial Galaxia e o seu grupo humano constituíuse e desenvolveuse como un exemplar equipo de alto rendemento motivado e inspirado por unha épica de rebeldía, resistencia, reconquista, entusiasmo e fidelidade ao ideal galeguista e ás súas sete misións. Un compromiso rexo e insubornable que permitiu a continuidade do proxecto Galaxia malia os conflitos, disidencias, porfías e retesías que nunca comprometeron a irmandade e o espírito de fraternal camaradería ao servizo dunha causa común: construír Galicia.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Editorial GalaxiaGaleguismoFrancisco Fernández del RiegoXaime Isla CoutoRamón Piñeiro55 HistoriaA hidra tricéfala de Galaxia: o equipo de Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla e Ramón Piñeiro.journal article10.32766/BRAG.384.843open access