García Gendra, Alejandro2023-01-182023-01-182022-06http://hdl.handle.net/10347/29932Traballo Fin de Grao en Administración e Dirección de EmpresasO obxectivo deste traballo é realizar en primeiro lugar unha aproximación teórica ao concepto de dixitalización, así como mostrar a diferenza con outros procesos semellantes como son a transformación dixital e a innovación. Trátase dun tema que cobra unha gran importancia nos últimos anos, non só por atoparse en pleno auxe da era dixital, senón tamén polo efecto motivador que exerce a UE co seu Plan Next Generation, así como o plan de dixitalización a nivel español. Abordarase esta temática relacionándoa coas PEMES a nivel galego e español, as cales compoñen case a totalidade do tecido empresarial, destacando cales son motivos polos que inician un proceso de dixitalización, as estratexias usadas para desenvolver este proceso e describir cales son as limitacións e dificultades para levalo a cabo. O traballo contempla unha análise empírica que, ademais de facer uso de distintas fontes estatísticas a nivel galego, español e europeo, nútrese dunha serie de entrevistas en profundidade realizadas con diferentes PEMES do sector alimentario.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/DixitalizaciónPEMEInnovaciónTICSector alimentarioDixitalización e innovación: dixitalización da economía e impacto nas PEMES: o caso das PEMES galegas do sector alimentariobachelor thesisopen access