Varela Neira, María Concepción2024-05-302024-05-302011978-84-9887-559-1http://hdl.handle.net/10347/33986Na actualidade, a Comercialización –tradución española do termo anglosaxón Marketing– está en todas partes. As persoas e as empresas levan a cabo múltiples actuacións que poderían considerarse “comerciais”. De feito, o márketing é cada vez máis importante para lograr o éxito empresarial. Isto débese a que se centra nas necesidades, desexos e demandas dos consumidores e na forma de satisfacelas de xeito rendible. As relacións co mercado constitúen unha peza clave na estratexia empresarial para conseguir vendas e captar e manter clientes fieis. A vantaxe competitiva que consolida a posición dunha empresa nos seus mercados depende en gran medida do coñecemento dos mesmos, da capacidade para comprender os comportamentos e desexos de compra dos clientes e da habilidade para desenvolver un márketing-mix que respondan a tales expectativas. A materia “Fundamentos de Comercialización” presenta os contidos básicos de formación na materia de márketing para todo graduado en Administración e Dirección de Empresas. O seu obxectivo é mellorar a comprensión dos fenómenos comerciais por parte do alumnado e axudarlle a tomar decisións. Por iso, na materia resáltase o papel fundamental que para as empresas supón asumir a orientación ao mercado, coñecer o mercado e o comportamento do comprador, e desenvolver decisións e accións de márketing adecuadas para lograr captar e fidelizar aos clientes.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Decisións de prezosbookopen access