Díaz Vizcaíno, Elvira2020-07-102020-07-102011978-84-9887-742-7http://hdl.handle.net/10347/23116Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Ciencias FundamentaisAs plantas son seres vivos cunhas particularidades morfolóxicas e biolóxicas polas que se inclúen no Reino Plantas. Forman parte da nosa vida cotiá (alimentos, bebidas, menciñas, materias primas como a madeira, papel, combustíbeis fósiles, entre outros), resultando indispensábeis para a vida animal e humana en particular. Son a principal fonte de fotosíntese na Terra (outros seres vivos fotosintetizadores como as algas, xunto coas bacterias fotosintetizadoras, o son en medios acuáticos), sustentando a vida xa que producen case todo o oxíxeno, achegan a enerxía nas cadeas tróficas e os compostos da construción da vida. As características morfolóxicas e reprodutivas das plantas reflicten unha progresiva mellora no proceso de adaptación e colonización do medio terrestre. Os brións atópanse entre as primeiras plantas que evolucionaron a partir de antepasados relacionados coas algas verdes. A grande maioría das plantas son plantas vasculares, que evolucionaron case no mesmo momento que os brións. Entre as plantas vasculares, os fentos non presentan sementes, e as ximnospermas e anxiospermas si. A maioría das plantas actuais posúen flores e sementes protexidas en froitos. Na Unidade Didáctica Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas preténdese amosar as bases do progreso evolutivo e diversidade das mesmas, con especial referencia ás de interese veterinario. A Unidade Didáctica desenvolverase en 3 horas de clases teóricas, 4,5 horas de prácticas, e media hora de titorías.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Ciencias FundamentaisGrao en VeterinariaMorfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantasbookopen access