Lirola Delgado, IsabelDurán Suárez, Carlos2025-01-232025-01-232024https://hdl.handle.net/10347/38937O presente traballo de investigación constitúe un percorrido crítico polos cambios experimentados na política de control de fronteiras e de asilo da Unión Europea como consecuencia da crise de refuxiados afrontada por Europa na pasada década. As orixes da crise poden situarse nos movementos de desprazados producidos polos conflitos que tiveron lugar, desde 2011, en varios países do norte de África e de Oriente próximo, na denominada Primavera Árabe. A rápida deterioración da situación en varios países da rexión conduciría en último termo a enfrontamentos civís que desembocarían na chegada masiva ás fronteiras exteriores europeas de máis dun millón de persoas, fundamentalmente por vía marítima, provocando unha crise humanitaria sen precedentes. Como consecuencia, produciuse o colapso dos sistemas de control de fronteiras e de recepción de solicitantes de asilo nas seccións da fronteira exterior europea máis expostas pola súa situación xeográfica. Mentres, a nivel interno, os movementos secundarios conducirían a reintrodución dos controis fronteirizos no interior do espazo Schengen.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Unión EuropeaEspazo de Liberdade Seguranza e XustizaSistema Integrado de Xestión das Fronteiras ExterioresFrontexPolítica Común de Asilo5603 Derecho internacionalA redefinición da política de control de fronteiras da Unión Europea á luz da crise de refuxiadosdoctoral thesisopen access