Túñez López, Miguel2024-05-302024-05-302012978-84-9887-883-7http://hdl.handle.net/10347/34001As organizacións funcionan interactuando en sistemas sociais que se comportan como entidades vivas, complexas e cambiantes. Por iso deben ser analizadas desde perspectivas multidisciplinares para conseguir intervencións que transcendan do ámbito de cada ciencia e eviten análises illadas porque, como apunta a Teoría Xeral de Sistemas1, toda organización está inmersa nun sistema holístico, é dicir, nunha contorna na que non pode planificar e actuar completamente illada do sistema social, económico e medioambiental no que funciona. En si mesmas, as organizacións son un sistema composto por subsistemas (departamentos, por exemplo) interrelacionados entre si e, a un tempo, son parte do sistema global que configura o contorno no que se moven. É dicir, como sistemas que son, as organizacións están formadas pola interacción interna dos seus membros e inmersas, como subsistema, noutro sistema de interacción cos seus stakeholders e as outras organizacións. Desde a perspectiva holística ou sistémica, non hai unha identificación cun modelo concreto de comunicación senón que esta se considera unha rede de interaccións comunicativas con fluxos e contidos que dependen das relacións que se manteñan nese entorno e do modelo concreto de organización de que se trate.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/A comunicación externa nas organizaciónsbookopen access