López Gómez, Antía MaríaCalvete Lorenzo, Sara2026-05-202026-05-202026https://hdl.handle.net/10347/47267A presente investigación xurde dunha dobre intención; por unha banda xerar unha sistemática de análise das diferentes categorías de corte dos corpos femininos, ou feminizados, no cinema e, en segundo lugar, da aplicación de dita sistemática sobre dun conxunto de filmes franceses producidos a finais do século XX e comezos do XXI, denominados como Novo Extremismo Francés. Malia que o punto de partida, o corte dos corpos, semella un obxecto de estudo demasiado amplo e difuso, faise preciso concretar as categorías de análise a través da teoría do Triplo Corte, de creación propia, que se irá debullando de xeito progresivo nas seguintes páxinas e nos correspondentes epígrafes de sistemática de análise. Este avanza autorrefencialmente: Corte da Toma, ou as súas características específicas; Corte do Plano, uso da montaxe e das súas ferramentas; e, en último lugar, o Corte da Carne, onde finalmente os corpos son despezados en vivo diante da óptica da cámara, que se abalanzan mutilados arriba do, gustoso ou reticente, público.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Triplo CorteCinemaNovo Extremismo FrancésCorpoFerida620301 Cinematografía620305 Estética de las bellas artes550602 Historia del arteGramática da ferida: Triplo Corte no Novo Extremismo Francésdoctoral thesisopen access