Crecente Campo, Santiago2013-06-252013-06-252013-06-25http://hdl.handle.net/10347/8636Estudouse o recultivo do calo basal e o microenxerto sobre patróns xuvenís para mellorar a micropropagación de material adulto de carballo e castiñeiro. O recultivo do calo basal permite aumentar a produción de microbrotes, con un menor custo unitario, con respecto ó uso exclusivo de explantos ‘convencionais’ (nós e ápices). As veces que pode recultivarse un explanto con calo basal depende do xenotipo e do estado ontoxenético. Cando a micropropagación inclúe o recultivo do calo basal, a taxa de multiplicación estabilízase en torno ó quinto subcultivo. Os calos basais sen xemas axilares nunca produciron microbrotes, o que diminúe o risco de mutación somaclonal. Co obxectivo de incrementar as capacidades morfoxenéticas in vitro do material adulto, realizáronse microenxertos in vivo e in vitro sobre patróns xuvenís. O prendemento dos microenxertos pode considerarse elevado; en carballo prenden mellor os microenxertos in vivo, mentres en castiñeiro o fan os microenxertos in vitro. No clon EPS de Castanea sativa, o microenxerto in vitro e in vivo provocaron un aumento da taxa de multiplicación, que se detecta nos primeiros subcultivos no primeiro caso e tras a fase de estabilización in vitro no segundo. No resto dos clons, o microenxerto non tivo efecto sobre a taxa de multiplicación. O microenxerto en serie non tivo efecto sobre as porcentaxes de enraizamento in vitro. No entanto, o microenxerto en serie in vivo pode ser útil para a obtención masiva de planta enxertada e como alternativa ao forzado de segmentos de rama, para a obtención de explantos.glgEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glhttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.glMicroenxertocalo basalmicropropagacióncastiñeirocarballoMicroenxerto e recultivo do calo basal na micropropagación de material adulto de carballo e castiñeirodoctoral thesisopen access