Rodríguez Rodríguez, GonzaloMartínez Ballesteros, Hugo2018-05-072018-05-072018http://hdl.handle.net/10347/16701Nesta tese desenvolveuse unha liña de investigación sobre o furtivismo marisqueiro en Galicia, o cal foi entendido como a falta de adhesión voluntaria á ordenación marisqueira . A achega central deste traballo foi presentar as potencialidades da co-xestión dos recursos nas comunidades marisqueiras galegas, enfatizando a súa capacidade para intervir na xestión adaptada do furtivismo. Catro vectores de estudo foron abordados nesta tese: a) Explorouse o ambiente institucional comunitario e os arranxos informais que se poden materializar neses contextos; b) ao redor da esfera institucional informal e da súa influencia na xestión, foi abordada a posible tolerancia do furtivismo nas comunidades de mar; c) profundouse no estudo dos lindes da comunidade definíndoos segundo a percepción das mariscadoras e mariscadores galegos; d) Satisfacendo a premisa de que cada tipo de furtivo debe ser combatido dun modo adaptado, elaborouse unha clasificación de furtivos, exclusiva e exhaustiva. Esta clasificación non só viu a encher un baleiro teórico na literatura sobre furtivismo, ademais creouse co fin de orientar políticas de acción especificas que melloren a xestión adaptada do furtivismo marisqueiro.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Furtivismo, co-xestión, xestión informalTolerancia, tipoloxía, adhesión, comunidadePoaching: co-management, informal management, social acceptanceTypology, non-compliance, communityMaterias::Investigación::53 Ciencias económicas::5312 Economía sectorial::531201 Agricultura, silvicultura, pescaMaterias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3105 Peces y fauna silvestre::310501 Reglamentación y controlCumprimento e adhesión á ordenación do marisqueo en contextos institucionais concretos: ánalise do furtivismo marisqueiro en Galiciadoctoral thesisopen access