Domínguez Pena, Manuela Susana2024-05-302024-05-302011978-84-9887-560-7http://hdl.handle.net/10347/33991Esta materia impártese no 3º curso da Diplomatura de Mestre en Lingua Estranxeira, e a pesar de non ter uns requisitos normativos escritos para poder cursala, ó impartirse en lingua inglesa, é recomendable posuír un nivel de inglés oral e escrito equivalente a un upper-intermediate. A materia de Didáctica da Lingua Inglesa, no que se refire ó aspecto lingüístico, forma parte dun bloque formativo dentro da Diplomatura de Lingua Estranxeira que está en relación directa coas materias de Lingua Inglesa, ofertadas en 1º, 2º e 3º curso da Diplomatura. Por outra parte, a materia de Didáctica da Lingua Inglesa tamén forma parte das chamadas didácticas específicas, e a súa relación directa coas materias de Didáctica da Educación Musical e de Novas Tecnoloxías, derivada da aplicación que estas materias poden ter no ensino da Lingua Inglesa, confírelle una función integradora ó favorecer, deste xeito, a interdisciplinariedade. A Didáctica da Lingua Inglesa está pensada para que achegue unha maior competencia comunicativa, ademais dun manexo máis efectivo na aula, para que o alumnado poida facer fronte ás diferentes propostas metodolóxicas que terán lugar nas aulas das escolas nas que se desenvolverán as prácticas escolares, en primeiro lugar, e como profesionais, máis tarde.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/A linguaxe como un medio de comunicaciónbookopen access