Sande Mayo, María Jesús2014-05-162014-05-162013978-84-15876-59-5http://hdl.handle.net/10347/10494Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Organización Xudicial e ProcesoA Unidade didáctica á que agora nos debemos enmárcase no segundo bloque da materia “Organización xudicial e proceso” dirixida ás e aos alumnos do terceiro curso do Grao en Dereito. Esta materia ten a vocación de introducir ao alumnado na complexa rama xurídica do Dereito Procesual, que con maior profundidade e especialización será obxecto de abordaxe no marco de outras dúas materias impartidas no Grao en Dereito: Dereito Procesual Civil e Dereito Procesual Penal. Así ben, a comprensión e manexo solvente de todos e cada un dos contidos que abrangue é esencial para que o estudantado adquira unha perspectiva sólida e coherente sobre esta rama de coñecemento. A este respecto, cómpre ter presente que o Dereito Procesual constitúe unha das claves de arco do Grao en Dereito. A súa utilidade práctica, ademais do seu carácter transversal, fan dela unha disciplina protagonista en tanto que imprescindible, primeiro, para a comprensión do funcionamento do Dereito e, despois, para a aplicación práctica do mesmo. Pois ben, como parte fundamental dentro do estudo do Dereito Procesual, ademais das cuestións referidas ao proceso strictu sensu, da acción (e/ou da pretensión), destaca, polo que a nós agora atinxe, ademais de todo o relativo ao persoal xudicial, o estudo da xurisdición e, neste senso, da organización xudicial. Cando falamos da función xurisdicional estamos a referírmonos á potestade dimanante da soberanía do Estado, exercida exclusivamente polos Xulgados e Tribunais -integrados por xuíces e maxistrados independentes-, que consiste na realización do Dereito no caso concreto, executando e facendo executar o Xulgado (art. 117 CE). A este respecto, na presente unidade didáctica incidiremos, por un lado, no estudo dos criterios de creación dos distintos órganos titulares da potestade xurisdicional, isto é, os inseridos no Poder xudicial e o Tribunal Constitucional. Doutra banda, deterémonos na análise das súas específicas atribucións.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Potestade xurisdicionalPotestad jurisdiccionalÓrganos xurisdicionaisÓrganos jurisdiccionalesXulgadosJuzgadosÓrganos unipersoaisÓrganos unipersonalesTribunaisTribunalesÓrganos colexiadosÓrganos colegiadosFunción procesualFunción procesalPartidos xudiciaisPartidos judicialesTribunal do XuradoTribunal del JuradoSalasSecciónsSeccionesOrganización Xudicial e ProcesoGrao en DereitoMaterias::Investigación::56 Ciencias jurídicas y derecho::5604 Organización jurídica::560499 Otras (Especificar)Materias::Investigación::56 Ciencias jurídicas y derecho::5604 Organización jurídica::560403 TribunalesOs órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucionalbookopen access