Rodríguez Martínez, Diego2024-05-302024-05-302012978-84-9887-903-2http://hdl.handle.net/10347/34006A Unidade Didáctica 3 titulada «Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais» enmárcase dentro dos contidos relativos á materia de Sistemas Dixitais, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre do primeiro curso do Grao en Enxeñaría Informática. Esta é unha materia con marcado carácter introdutorio para a titulación xa que é a primeira materia da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores que cursa o alumnado. O obxectivo básico desta materia é que os alumnos adquiran os coñecementos básicos e as habilidades de deseño precisas para estudar outras disciplinas relacionadas con esta área. Ó mesmo tempo, proporciona unha introdución ó estudo dos sistemas de procesamento dixital. Esta Unidade Didáctica (en adiante, UD) presenta os elementos básicos e as ferramentas matemáticas para poder construír e analizar un circuíto combinacional que realice unha función lóxica. O único requisito previo da UD é ter un dominio básico do sistema binario de representación numérica de números enteiros, que foi presentado en Unidades Didácticas precedentes. Os contidos da UD son fundamentais para o estudo dos módulos combinacionais e dos sistemas secuenciais, que serán abordados en posteriores Unidades Didácticas.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionaisbookopen access