Biscaínho Fernandes, Carlos Caetano2013-03-152013-03-152008BISCAÍNHO FERNANDES, Carlos Caetano: «A Escola Dramática Galega (1978-1994) e o sistema literario», Boletín Galego de Literatura, ISSN 0214-9117, N. 39-40, (1 e 2. Semestre 2008), pp. 9-350214-9117http://hdl.handle.net/10347/7586A intervención realizada pola Escola Dramática Galega (EDG) durante algo máis de década e media –a cooperativa coruñesa tivo existencia legal entre os anos 1978 e 1994– no sistema teatral e, por extensión, no sistema cultural que o engloba, atinxiu unha diversidade e un calado que non é comparábel a outro colectivo semellante. Ademais, toda esta actividade ultrapasou A Coruña e alcanzou un número importante de cidades e vilas galegas e a voz da EDG estivo presente na práctica totalidade dos foros teatrais que xurdiron neste tempo. No presente traballo realízase unha análise da incidencia da EDG no ámbito concreto da literatura galega, a partir do modelo de achegamento fornecido polos paradigmas da Teoría de Polisistemas e do Campo Literario. Repásanse, así, as posibilidades repertoriais propostas dende a cooperativa coruñesa, tanto temáticas ou estilísticas, coma de produción e distribución, ora dende a promoción de iniciativas editoriais –deu á luz cento cinco Cadernos e cinco números do Boletín de Información Teatral–, ora dende o Concurso de Teatro Breve que organizou dende 1978 ou outro tipo de actividades, como a presentación de libros ou a celebración de conferencias e encontros.glgEscola Dramática GalegaHistoria do teatro galegoA Escola Dramática Galega (1978-1994) e o sistema literariojournal articleopen access