Salgueiro, CarlaCastiñeira Veiga, Gonzalo2026-04-222026-04-222023Salgueiro, C., Castiñeira Veiga, G. (2023). Gamificando matemáticas a través das tic: unha proposta efectiva e afectiva. Boletín das Ciencias, 96, 61-620214-7807https://hdl.handle.net/10347/46899O obxectivo principal deste traballo é levar a cabo o deseño dunha proposta didáctica enmarcada na área das Matemáticas en 3º curso de Educación Primaria tomando como eixo vertebral da mesma a metodoloxía da gamificación a través do emprego das TIC, destacando a súa importancia como elementos útiles para mellorar a afectividade e a aprendizaxe do alumnado cara esta materia. A proposta consiste unha intervención pedagóxica mediante o emprego da gamificación e das TIC, deseñada seguindo os traballos máis relevantes sobre o emprego das mesmas como ferramentas eficaces no ensino e aprendizaxe das Matemáticas. Para o deseño desta proposta utilízanse varias plataformas en liña dispoñibles (Genially, Kahoot!, WordWall...), coas que se abordan algúns dos contidos matemáticos relacionados coas figuras planas dunha forma dinámica e accesible. Finalmente, tras aplicar a proposta presentada e mediante a recompilación de datos e o uso de cuestionarios antes e despois da intervención, analízanse os resultados obtidos co grupo avaliando así a efectividade da mesma.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internationalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/MatemáticasDominio AfectivogamificaciónTICProposta didácticaGamificando matemáticas a través das tic: unha proposta efectiva e afectivajournal articleopen access