Irimia Yáñez, Daniel2023-09-052023-09-052017http://hdl.handle.net/10347/30969No presente traballo realizouse unha busca da especie Pilularia globulifera L. durante os meses da época estival no 2016, na comarca da Terra Chá. Mediante o emprego de sistemas de información xeográfica (SIX) delimitáronse aqueles lugares onde se atopou o taxon Pilularia globulifera L., estimouse a súa abundancia e representouse no mapa en cuadrículas UTM de 1x1 km; conferindo cores distintivas a cada rango de abundancia. Partindo dos datos recompilados por J. Rodríguez Oubiña no 1985, establécese unha comparativa demográfica entre 1985 e 2016, estudando a súa presenza e ausencia xunto cos seus cambios demográficos. Asemade téntanse dilucidar os principais motivos das súas modificacións demográficas; así como valorar o seu estado actual de conservación.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Pilularia globulifera L.FentosFentos acuáticosPrantas pteridófitasHelechos acuáticosPlantas pteridófitasAspectos demográficos de Pilularia globulifera L. na Terra Chá (Reserva da Biosfera Terras do Miño)bachelor thesisopen access