Blanco Casás, Antón2019-01-232019-01-232018http://hdl.handle.net/10347/18132Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2017-2018O presente TFG tomará como punto de partida e eixe central a novela Antón e os inocentes (1976) de X. L. Méndez Ferrín para abordar, no campo da literatura galega, unha análise política que vaia alén do conflito da Guerra Civil. Na investigación prevese reflexionar desde a orientación marxista da socioloxía da literatura, que entende a obra literaria como o resultado dun estado de causas na sociedade. Porén, dada a dirección activista da novela, esta tamén poderá ser analizada desde o punto de vista (ou ben oposto ou ben complementario) da obra literaria como motor revolucionario capaz de dotar de discurso histórico e político á clase proletaria no camiño cara á súa emancipación. Nesta lectura en clave política de Antón e os inocentes cumprirá prestar atención aos dispositivos de memoria histórica que nela se mostran. Será preciso tamén deterse na súa fundamentación estética, a cal se deberá entender no(s) contexto(s) histórico(s) en que se escribe, se edita e se reedita a novela. Por esta banda haberá que comprender ben o limiar que o mesmo Ferrín fai á reedición de 1986 e posteriores reedicións. lsto abrirá a posibilidade de rastrexar a vagaxe histórica da tradición política da que participa o escritor ourensán, en especial na pista do que se acabou convertendo no colectivo Redes Escarlata. En conclusión, tratarase de buscar argumentos, como indica o título deste TFG , que sosteñan (ou non) o salto que dá o proletariado galego na obra de Méndez Ferrín, en concreto en Antón e os inocentes, para pasar de ser un recurso case costumista na literatura galega a ser o suxeito político e literario central, en quen recae a responsabilidade histórica de avanzar cara a un mundo mellarglgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Socioloxía da literaturaLiteratura galegaXosé Luis Méndez FerrínProletariadoMaterias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6202 Teoría, análisis y crítica literariasAntón e os inocentes, de Méndez Ferrín: o proletariado galego como suxeito literario e políticobachelor thesisopen access