Hermo López, María Teresa2024-05-312024-05-312011978-84-9887-743-4http://hdl.handle.net/10347/34023Esta unidade didáctica denominada Grupos e equipos de traballo forma parte da materia optativa Psicoloxía dos grupos e equipos de traballo que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro e cuarto curso dentro da titulación de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Para poder obter o máximo aproveitamento, en xeral, recoméndase que o alumno teña superada a materia de Psicoloxía do Traballo, Socioloxía do Traballo e Comportamento Organizacional xa que isto lle permitirá ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas a impartir. A materia versa sobre os grupos e equipos de traballo dende un punto de vista teórico e práctico. Trátase dunha materia optativa xeral cunha carga lectiva de 4,5 créditos. Dividirase en partes: • Na primeira parte, dáse un enmarque conceptual da psicoloxía dos grupos, faise unha breve recensión histórica e téñense en conta os procesos que interveñen no comportamento dos individuos. Trabállanse definicións e conceptos. • Posteriormente verase a implicación do comportamento dos individuos cando forman un grupo, as características distintivas de grupos e equipos así como as vantaxes e inconvenientes de pertencer a grupos e equipos de traballo. • Paralelamente comezarase a traballar a nivel práctico os aspectos relacionados cos procesos que interveñen no comportamento humano: percepción, aprendizaxe, comunicación, etc para máis adiante extrapolalo aos grupos de traballo nas organizacións. Esta primeira unidade é introdutoria e pretende servir de apoio para o resto do temario. A súa incorporación vén xustificada pola necesidade de acadar un dominio daqueles contidos teóricos e metodolóxicos que se consideran básicos e que nos servirán como introdución das prácticas. E ademais pola conveniencia de crear un contexto inicial uniforme, que pode favorecer a adquisición de coñecementos semellantes e ademais unha linguaxe común e unha actitude positiva cara á materia.glgAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Grupos e equipos de traballobookopen access