Besteiro Rodríguez, María Celia2014-02-112014-02-112012978-84-9887-893-6D.L.: C 1141-2012http://hdl.handle.net/10347/9852Titulación: Máster en Biodiversidade e conservación do medio natural -- Materia: Bioloxía dos Fondos MariñosA presente unidade didáctica enmárcase dentro dos contidos relativos á materia obrigatoria Bioloxía dos fondos mariños, de 6 créditos ECTS, que se imparte no segundo semestre do máster en Biodiversidade e conservación do medio natural, do que é responsable o Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física. Dita materia forma parte do módulo de Bioloxía Mariña.Esta unidade didáctica forma parte do ámbito da Zooloxía e pretende facer chegar aos estudantes os principios básicos da configuración do medio intersticial mariño, das condicións que impón para ser habitado e dos animais capaces de instalarse nel desenvolvendo todo ou parte do seu ciclo vital.Para o estudo da materia non se esixe ningunha formación específica previa, aínda que é recomendable revisar os coñecementos de Zooloxía da Licenciatura ou o Grado. A materia Bioloxía dos animais mariños, no contexto do plano de estudos actual, ten unha duración total de 150 horas: 30 expositivas (teoría), 45 interactivas (saídas ao mar e prácticas de laboratorio) e 5 de titorías personalizadas. Ao módulo dedicado ao estudo da fauna intersticial correspóndenlle 6 horas de teoría, 1 saída ao mar e 1 sesión de laboratorio (aproximadamente 6’5 horas interactivas), sendo imposible deslindar o tempo das titorías personalizadas. O tempo de traballo autónomo do alumnado estímase en 70 horas, para a elaboración dunha memoria que expoña o traballo desenvolvido no mar e no laboratorio.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2012. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Bioloxía MariñaMedio intersticial mariñoMeiofaunaNanofaunaBiología marinaMedio intersticial marinoBioloxía dos Fondos MariñosMáster en Biodiversidade e conservación do medio naturalMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2401 Biología animal (zoología)::240119 Zoología marinaA fauna intersticial: xeneralidadesbookopen access