Cid Fernández, Xosé ManuelRodríguez Rodríguez, Jesús2026-02-192026-02-192007978-84-611-6458-5D.L. C. 1105-2007https://hdl.handle.net/10347/45992O propósito fundamental dos organizadores do congreso foi o de provocar un debate ao redor das Tecnoloxías da Información e a Comunicación que tivera como principal fío condutor a problemática da Fenda Dixital. O certo é que logo dun tempo falando das TIC, comezan a xerarse numerosas cuestións, preguntas, problemas ao redor destes medios, moitos deles relacionados coa posible Fenda Dixital, nun tempo no que tamén se fala de incerteza. Durante moitos anos vivimos e por suposto seguimos vivindo uns momentos de ilusión e de interese por introducir as Tecnoloxías da Información e da Comunicación na aula. Pero tamén é certo que ultimamente, comezan a abrollar, novas preguntas e interrogantes, que nos preocupan e que se constituíron moitos deles en importantes guías a través das cales desenvolver o congreso. Contribúen as TICs a que sexamos máis iguais ou desiguais? Están os distintos centros, colectivos, etc., en igualdade de condicións para afrontala mesma "velocidade" que nos impoñen as TIC?, son tan diferentes os problemas que temos coas TIC na nosa escola dos que temos con outros medios?, que teñen que dicir os concellos nesta historia? Estas e outras cuestións foron obxecto de discusión ao longo deste congreso.glghttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Fenda dixitalBrecha digitalA fenda dixital e as súas implicacións educativasLa brecha digital y sus implicaciones educativasbookopen access