Taboada González, José Ángel2014-05-162014-05-162013978-84-9887-527-0http://hdl.handle.net/10347/10497Titulación: Grao en Enxeñaría Informática -- Materia: Enxeñaría do SoftwareNos temas anteriores estableceuse o software como un elemento de Enxeñaría e propuxéronse unha serie de normas e paradigmas que definen os procesos necesarios para a súa construción, o primeiro dos cales é a análise do sistema e dos requisitos do software. Nesta fase o obxectivo fundamental é definir de xeito inequívoco que problema estamos tratando de resolver. A problemática que se xera é tal que, en realidade, o que acabamos de mencionar como un proceso, se divide en varios que mesmo se agrupan de forma separada debido á diferente natureza das actividades implicadas: Identificación de necesidades, comprensión e modelado, especificación, verificación e validación dos requisitos e xestión dos mesmos. A importancia deste proceso pode apreciarse no controvertido Chaos Report que sinala, entre as 10 causas máis significativas de fracaso dos proxectos, 6 que están directamente relacionadas co traballo realizado nas actividades de análise. A dificultade na realización deste proceso compréndese pola necesidade de obter a descrición dun elemento lóxico, o software xerado en contornas moi diversas, a partires da descrición en linguaxe natural, inherentemente ambigua, e procedente de distintos implicados cuxa cultura e formación lle fai que expresen ideas semellantes de forma moi distinta. Para abordar esta problemática propóñense técnicas para a extracción da información e para representar o sistema a construír mediante modelos que permitan demostrar que se comprendeu correctamente a información transmitida e que o sistema que representan é o que realmente se necesita construír.glg© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/Concepto de requisitoActividades identificadasEstratexias iterativasEstrategias iterativasSoftwareFerramentas JADHerramientas JADPrototipadoEstrutura Top-downEstructura Top-downDiagrama Entidade-RelaciónDiagrama Entidad-RelaciónDiagramas de fluxo de datosDiagramas de flujo de datosDiagramas de fluxo de controlDiagramas de flujo de controlEnxeñaría do SoftwareGrao en Enxeñaría InformáticaMaterias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3304 Tecnología de los ordenadores::330499 Otras (especificar)Materias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3304 Tecnología de los ordenadores::330406 Arquitectura de ordenadoresEnxeñaría de requisitosbookopen access